Cúmprese un ano da desaparición de Akerman

Deixovos aquí un enlace cunha das homenaxes póstumas mais recentes que se lle rendiron a Akerman. Nesta ocasión trátase de Bos Aires

http://www.ucine.edu.ar/ciclo-octubre-chantal-akerman/.

Entre os filmes que se inclúen na retrospectiva está, como non podía ser doutro modo, Os encontros con Anna.

Aquí vos deixo un fragmento para que vaiades abrindo boca:

Andaina vai publicar en papel a entrevista que lle fixen a Chantal Akerman no 2005

A revista feminista Andaina prepara a futura edición do seu número en papel para o vindeiro outono. Como colaboradora habitual da publicación, e seguindo na liña de falar de mulleres creadoras do eu que iniciei vai anos, rindo o meu persoal homenaxe a esta cineasta singular, publicando unha entrevista que lle realicei na Filmoteca Española (Cine Doré) o 25 de Xaneiro do 2005 no transcurso dun ciclo antolóxico sobre ela. Este encontro inscribíase na recta final da investigación para elaborar a miña tese doutoral: Chantal Akerman: estratexias para a autorrepresentación, dirixida polo Dr. Xosé Enrique Monterde e que finalmente lin no 2007.

A imaxe fixéronnola ao día seguinte, durante a inauguración da instalación On the other side na Galería Elba Benitez (Madrid).

Deíxovos o enlace con Andaina: http://www.andainamulleres.org/

 

Final do seminario

Facendo reavaliación do seminario só nos sae un sentimento xeralizado de satisfacción. somos conscientes de que a organización dos tempos podía ser un pouco máis doada se houbese unha intervención menos por xornada, pero con todo, pensamos que valía a pena contar con tantos puntos de vista diferentes.

Moitas grazas a Estudos Audiovisuais por acoller a proposta e organizalo; á Universidade de Santiago de Compostela por cedernos a infraestructura necesaria; a Paradise Films por cedernos os dereitos de exhibición para Saute ma ville (1968), Je tu il elle (1974) e No home movie (2005); ás dúas persoas coas que traballei codo con codo ó longo de todo o curso dándolle forma a este seminario: Marta Pérez Pereiro, a miña codirectora e a Silvia Roca, a secretaria; a Margarita Ledo Andión por acoller a través de Estudos Audiovisuais a iniciativa e participar activamente nos días do evento; a María Villamarín por axudarnos a pé de sala durante todo o desenrolo do evento, por sacalas fotos e pola súa colaboración na difusión nas redes,  a Isabel Coixet e Alberte Pagán por colaborar con nós cos seus video creados exprofeso para o seminario, a Guerín por cedernos de balde os dereitos de visionado para ver a súa entrevista de Guest (2011) reeditada tras a morte de Chantal Akerman; aos nosos colaboradores e colaboradoras  que se achegaron en pleno verán ata aquí para ilustrarnos co seu coñecemento e sobretodo ás 60 persoas que confiaron na proposta formativa, matriculándose no evento, e que rentabilizaron sobradamente os contidos alí amosados grazas á súa atención.

Na imaxe estamos as organizadoras e boa parte do equipo colaborador, tomámola durante o xantar do segundo día:

2º Día do Seminario: Chantal Akerman para a USC

No día de hoxe  contamos con creadores do audiovisual galego xa cunha traxectoria destacada e que dalgún xeito atopan referencias akermanianas en determinados aspectos do seu traballo.

Deste xeito queríamos establecer unha revisión crítica da obra de Akerman dende o punto de vista de cineastas. Como parte da xornada tamén proxectamos o vídeo que Isabel Coixet e Alberte Pagán tiveron a xentileza de elaborar expresamente para o noso seminario expresando a súa opinión sobre  Akerman.

Nas fotos podedes seguir por orde cronolóxica o desenrolo da xornada: Marta Pérez presentando a Diana Toucedo; María Ruído; Anna Solá e Marta Selva; Lois Patiño; Xisela Franco; fotograma do vídeo de Isabel Coixet para o seminario; fotograma do vídeo de  Alberte Pagán para o seminario; mesa redonda moderada por Margarita Ledo Andión (de esquerda a dereita: Patiño, Franco, Ledo, Toucedo e Ruído); vídeo da entrevista de Guest (2011) de Guerín ampliada (no 2015) e cedida xenerosamente por Guerín para ver no seminario  e fotograma da última proxección e debate: No Home Video (2015).

A sesión rematou cun sentimento xeral de gran satisfacción.

13668688_507365926127538_3857446580880595563_o13603330_507366026127528_131219983841033419_o

13920324_507365786127552_2015376515586194076_o

13668687_507365969460867_2178714007190056987_o

13653342_507366172794180_6456939996587404491_o

13422389_10210038878153282_7629551832304774686_ofoto pagán

13908967_507365839460880_570437554536672941_o

no-home-movie-3

 

 

1º día do seminario: Chantal Akerman para a USC

Hoxe tivemos o pracer de recibir ó noso alumnado do seminario. Tivemos un grande éxito de convocatoria e malia ser un dos días máis quentes do ano, en xeral respirábase ambiente de satisfacción.

Aquí vos amosamos unhas cantas imaxes de como se foi desenrolando o evento: presentación coas directoras do evento e con Margarita Ledo Andión, Coordinadora do grupo de Estudos Audiovisuais; a continuación intervención de Renata Otero,  Marta Pérez Pereiro, José Enrique Monterde, Miguel Anxo Rodriguez, Mar Caldas e proxección de “Je, tu, il, elle”.

13909007_507366122794185_6727752351561744528_o (1)12496008_507365649460899_2340906164809071749_o13913603_507366042794193_9185801542562352291_o13923559_507365996127531_1476372130140970898_o13925979_507366009460863_8596284833455612290_o13652988_507365696127561_5039392303628566400_o

Alberte Pagán

O mesmo que pasaba no caso de Coixet, o crítico e cineasta Alberte Pagán andará lonxe durante a celebración do noso seminario polo que decideu dar a súa opinión sobre a figura e a obra de Akerman nun vídeo que poderedes ver, en exclusiva, no noso curso e que pon as bases para un debate ben interesante.

Isabel Coixet

Malia que desexaba participar no noso seminario élle imposible por datas, así que tivo a xentileza de enviarnos un vídeo inédito, para formar parte do noso seminario aínda que fose virtualmente. Poderedes visionalo no noso seminario.

Hoxe ás 24:00 péchase a matrícula.